A casa de Cultura de Bertamiráns, sita na Praza de Chavián, foi inaugurada o 20 de xuño de 1997, e entre outras instalacións, conta cun Auditorio no que se desenvolven distintas actividades de artes escénicas e musicais ao longo de todo o ano, con maior frecuencia nos meses de xaneiro a xuño e de setembro a decembro.

O auditorio está adherido á Rede Galega de teatros e auditorios, polo que se leva a cabo unha programación estable de artes escénicas, pero tamén se desenvolven outras actividades, audiovisuais, Festival cinema Miúdo, Abril de cine, cine documental, de maxia e música.

No auditorio tamén se desenvolve a actividade da Escola Municipal de Teatro de Ames.

Documentación vinculadaTamaño
PDF icon Casa da cultura de Bertamiráns + Planos2.96 MB