Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
A PRINCIPIOS DO SÉCULO XX QUE AS MULLERES XOGARAN AO FÚTBOL DEBÍA SER ALGO TABÚ. NUNHA RECHAMANTE FOTOGRAFÍA, DATADA DE 1925 E CON AUTORÍA DE MANUEL RIESCO, APARECEN 12 MULLERES ATAVIADAS CO UNIFORME FUTBOLÍSTICO E POSANDO EN FORMACIÓN. DOUS EQUIPOS DE FÚTBOL, O ARNOIA DE ALLARIZ E O CELANOVA, CON ACTITUDE DESAFIANTE E SERIA, E RECOLLIDOS ESTILO BELLE ÉPOQUE, BAIXO O TÍTULO “EQUIPO DE FÚTBOL FEMININO NO VELLO CAMPO DE VILANOVA”. QUEN ERAN ESTAS MULLERES? QUE FOI DELAS? QUE SUCEDEU NESE PARTIDO? ATOPÁMONOS ANTE UNHAS PIONEIRAS? FRONTE A ESTES INTERROGANTES, COMEZAMOS -SEN RETORNO- UN MERGULLO NAS CURIOSIDADES DESTAS TRAVESÍAS DE VIDA FEMINIZADAS E AÍNDA POR DESCUBRIR.
2023-04-21 - 20:30: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €
A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións