TABÚ

COLECTIVO GLOVO
Danza
21-04-2023
Dirixido a público:
Adulto
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
TABU.jpg

Semellar sen imitar, figurar sen esquecer.

Escenario carnavalescos de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos. 

Que muller eras ti? 

Que muller es ti? 

A apariencia coma posibilidade de futuro.

A PRINCIPIOS DO SÉCULO XX QUE AS MULLERES XOGARAN AO FÚTBOL DEBÍA SER ALGO TABÚ. NUNHA RECHAMANTE FOTOGRAFÍA, DATADA DE 1925 E CON AUTORÍA DE MANUEL RIESCO, APARECEN 12 MULLERES ATAVIADAS CO UNIFORME FUTBOLÍSTICO E POSANDO EN FORMACIÓN. DOUS EQUIPOS DE FÚTBOL, O ARNOIA DE ALLARIZ E O CELANOVA, CON ACTITUDE DESAFIANTE E SERIA, E RECOLLIDOS ESTILO BELLE ÉPOQUE, BAIXO O TÍTULO “EQUIPO DE FÚTBOL FEMININO NO VELLO CAMPO DE VILANOVA”. QUEN ERAN ESTAS MULLERES? QUE FOI DELAS? QUE SUCEDEU NESE PARTIDO? ATOPÁMONOS ANTE UNHAS PIONEIRAS? FRONTE A ESTES INTERROGANTES, COMEZAMOS -SEN RETORNO- UN MERGULLO NAS CURIOSIDADES DESTAS TRAVESÍAS DE VIDA FEMINIZADAS E AÍNDA POR DESCUBRIR.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
60 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 21 de Abril de 2023 20:30
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
5€
Información da billeteira: 

2023-04-21 - 20:30:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

Share