OS AUDITORIOS DE AMES
Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
A casa de Cultura do Milladoiro, sita na Travesía do Porto, foi inaugurada no 2003, e entre outras instalacións, conta cun Auditorio no que se desenvolven distintas actividades de artes escénicas e musicais ao longo de todo o ano, con maior frecuencia nos meses de xaneiro a xuño e de setembro a decembro.
O auditorio está na Rede Galega de teatros e auditorios, polo que se leva a cabo unha programación estable de artes escénicas, pero tamén se desenvolven outras actividades, audiovisuais, Festival cinema Miúdo, Abril de cine, cine documental, de maxia e música.
No auditorio tamén se desenvolve a actividade da Escola Municipal de Teatro de Ames e outras moitas accións das distintas concellarías que se realizan diariamente no auditorio.
O auditorio conta cunha completa instalación de son, vídeo e iluminación, tal e figura no documento adxunto.
Documentación vinculada | Tamaño |
---|---|
Casa da cultura do Milladoiro + Planos | 3.37 MB |