XVIII FESTIVAL DE MAXIA DE AMES. GALA MÁXICA INFANTIL

  • Maxia
DATOS BÁSICOS

FRANCIS ZAFRILLA, ARTISTA POLIFACÉTICO, MAGO, CANTANTE E VENTRÍLOCUO. ESPECIALISTA EN MAXIA INFANTIL E GAÑADOR DE DIVERSOS RECOÑECEMENTOS NESTE ÁMBITO. UNHA PROPOSTA CHEA DE RITMO, COR, MAXIA E PARTICIPACIÓN DA RAPAZADA.

PREZOS

2023-10-27 - 17:00:
REDUCIDA: Desde 2,00 € hasta 2,00 €
XERAL: Desde 4,00 € hasta 4,00 €

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).
A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.
Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.
Non se admiten cambios nin devolucións