Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
Espectáculo-concurso no que os e as participantes deberán superar sorprendentes probas para levar algún que outro agasallo. Pero… é realidade ou ilusión? Ata onde estarán dispostos/as a chegar para acadar o seu obxectivo? Haberá premios para todos/as? Un concurso único, cheo de humor, desafíos inesperados e premios imposibles, onde non hai gañadores nin perdedores, senón valentes participantes que se mergullarán nun xogo máxico no que todo pode acontecer. Atréveste a xogar?
Idade: A partir de 4 anos.
2026-10-23 - 18:00:
CONVITES
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Na casa da cultura do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles)