Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
PRESENTA MAGO MIGUE GRANADA CAMPIÓN MUNDIAL DE MAXIA, É UN DOS MAGOS MÁIS CREATIVOS UN PROFESIONAL DA COMUNICACIÓN.
PARTICIPAN NESTOR HATO DESDE FRANCIA, ESPECIALISTA EN MANIPULACIÓN UNHA DAS RAMAS MÁIS COMPLICADAS DA MAXIA. GAÑADOR DE MULTITUDE DE PREMIOS LEVOU A SÚA MAXIA A MÁIS DE 45 PAÍSES. VEREMOS COMO É CAPAZ DE FACER APARECER MILLEIROS DE CARTAS NAS SÚAS MANS A UN RITMO VERTIXINOSO. NACHO SAMENA DE LUGO, ACABA DE GAÑAR O PREMIO NACIONAL DE MAXIA NA ESPECIALIDADE DE CARTOMAXIA. UN NÚMERO DINÁMICO QUE MESTURA MÚSICA E MAXIA. RAMÓ E ALEGRÍA DESDE BARCELONA, UNHA PARELLA DE ARTISTAS CÓMICOS QUE CHEGAN PARA POÑER PATAS ARRIBA AS TÁBOAS DO TEATRO. RITMO, EFECTOS VISUAIS E MOITO HUMOR MESTURADO CUN ESTILO ÚNICO E MOI PARTICULAR. BRUNO TARNECCI CHEGA A AMES DESDE PERÚ, PRESENTA A SÚA MÁIS RECENTE CREACIÓN, UNHA PROPOSTA ÍNTIMA E POÉTICA CARGADA DE MAXIA E DE IMPOSIBILIDADE. GAÑADOR DOS MÁIS IMPORTANTES PREMIOS MÁXICOS E UN DOS ARTISTAS MÁIS RECLAMADOS NOS PRINCIPAIS FESTIVAIS DE MAXIA.
2024-10-26 - 17:00: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 € 2024-10-26 - 19:30: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 € 2024-10-27 - 17:00: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 € 2024-10-27 - 19:30: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €
VENDA DE ENTRADAS • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade). A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.