VIDA DE CANS

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

Vémonos na obriga de aprazar a evento cultural Vida de Cans, que estaba previsto celebrarse este venres día 16 de Outubro na Casa da Cultura do Milladoiro.

Nos vindeiros días comunicaremos as novas datas de celebración deste evento cultural.

Desculpade as molestias.

TRES ACTORES. TRES CANS. OU TRES ACTORES QUE FAN DE CAN, SEN DEIXAR DE SER ACTORES, SEN DEIXAR DE SER CANS. ESTÁN RECLUÍDOS NUN RECINTO QUE LLES PREPAROU O SEU AMO, MOI GRANDE, MOI CÓMODO, MOI AMENO, MOI LIMPO... PERO RECINTO. BEN TRATADOS, BEN ATENDIDOS, BEN ALIMENTADOS, BEN ACARIÑADOS... PERO RECLUÍDOS. FÓRA DO RECINTO ESTÁ A LIBERDADE, COS SEUS DESACOUGOS, AS SÚAS INCERTEZAS, OS SEUS PROBLEMAS, OS SEUS PERIGOS... PERO LIBERDADE, CADA UN DOS TRES AFRONTA O CONFLITO SEGUNDO A SÚA PERSONALIDADE OU SEGUNDO A SÚA CANALIDADE, E TODO VAI DERIVANDO CARA UNHA TRAXEDIA..., QUE NUNCA DEIXA DE SER COMEDIA. COMEDIA ABSURDA. COMEDIA PARÓDICA. COMEDIA METAFÓRICA

PREZOS

2020-10-16 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

DE INTERESE

Venda de entradas na billeteira electrónica en concellodeames.gal ata dúas horas antes da función. O 10 % do aforo do auditorio poderá mercarse na Casa da Cultura desde unha hora antes do comezo da función. Entrada reducida para estudantes con carné de estudante, persoas maiores de 60 anos e menores de 12 anos, familias numerosas, mozos e mozas con carné xove e persoas demandantes de emprego.

Share