Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
ALVIN STRAIGHT É UN ANCIÁN QUE VIVE EN IOWA CUNHA FILLA CON DISCAPACIDADE. CANDO RECIBE A NOVA DE QUE O SEU IRMÁN LYLE, CO QUE LEVA ENEMISTADO 10 ANOS, SUFRIU UN INFARTO, A PESARES DO SEU PRECARIO ESTADO DE SAÚDE, DECIDE VIAXAR A VELO. TERÁ QUE PERCORRER 500 KM NO ÚNICO MEDIO DE TRANSPORTE DO QUE DISPÓN: UNHA MÁQUINA CORTACÉSPEDE.
AS PROXECCIÓNS SERÁN EN VERSIÓN ORIXINAL SUBTITULADA E NESTA SESIÓN CONTAREMOS CO CINEASTA ALFONSO ZARAUZA QUE FARÁ UN PEQUENO COLOQUIO AO FINALIZAR O FILME PARA PROFUNDIZAR NOS ASPECTOS MÁIS RECHAMANTES DA OBRA AUDIOVISUAL. AO COMENZÓ TAMÉN HABERÁ UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN PARA ORIENTAR AO PÚBLICO CUN PAR DE CLAVES SOBRE O FILME ANTES DA PROXECCIÓN.
2024-04-16 - 20:00: PREZO CINE: Desde 3,00 € hasta 3,00 € PREZO REDUCIDO: Desde 1,50 € hasta 1,50 €
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Na casa da cultura do Milladoiro o mesmo día da película a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade). A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo da película. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo da proxección. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.