Un tranvía chamado desexo

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

Sen Cancelas Teatro leva a escena un clásico do teatro universal, considerada a obra mestra do dramaturgo estadounidense Tennessee Williams, e que acadou o prestixioso premio Pulitzer en 1948. Sen Cancelas Teatro constrúe a súa persoal versión xogando coa ficción e a realidade, presentando un mundo onírico nunha atmosfera cargada e calorosa. Enfrontando á súa protagonista co descrédito dos que a rodean e cos seus propios medos e reproches dentro dunha sociedade patriarcal e opresora. Unha obra desgarradora cunha forte carga emocional e interpretativa

PREZOS

2025-12-07 - 19:00:

  • Convite: 0,00 €
DE INTERESE

CONVITES

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles)