Terapia Real

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

Os reis, as raíñas e as princesas tamén teñen os seus medos e as súas debilidades. Neste sanatorio atoparán a terapia que máis se axusta á súa problemática... ou non. Un grupo de traballadores e traballadoras tentarán facerlles a vida máis doada... ou non. E un grupo de persoas lixeiramente desequilibradas tentarán facerse co control do centro para ledicia de uns e desgraza doutros.

PREZOS

2025-12-05 - 20:30:

  • Convite: 0,00 €
DE INTERESE

CONVITES

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura  do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles)