Soño dunha noite de San Xoán

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

Todo pode pasar na noite máis curta do ano: dende dúas parellas de namorados que loitan polo dereito a estar xuntos (aínda que non teñan moi claro aínda con quen...), ata dúas meigas que compiten pola sona de ser a mellor. Fadas danzarinas, trasnos argalleiros, e mesmo un grupo de humildes artesás con ínfulas de artistas citaranse no medio da fraga nunha noite chea de amor e humor. Con Soño dunha noite de san Xoán, O Grupo Municipal de Teatro de Ames presenta unha das obras máis emblemáticas de Shakespeare e do teatro universal, grazas a cal poderemos pasar unha máxica velada onde celebrar a alegría e o gozo da vida mesma

PREZOS

2025-12-08 - 19:00:

  • Convite: 0,00 €
DE INTERESE

CONVITES

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura  do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles)