Reino da Extinción

Amorodio Teatro
Teatro
06-05-2022
Dirixido a público:
Adulto
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
REINO EXTINCION 1.jpg

Reino da extinción é unha comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da historia galega que, forzadas a convivir nun alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en galicia e falar a nosa lingua.

Que define a galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou… quizais a xente e que é ser galega ou galego como é posible que unha personaxe da prehistoria sexa tan galega coma unha do século das luces? Foi galicia o mesmo en todos os momentos da historia cando comezou e cando rematará galicia?

Todo isto e máis descubrirémolo coa axuda de catro personaxes, bandeira de cadansúa época, a través dos seus divertidos encontros e desencontros neste alén tan axitado que, por veces, parécese moito ao inferno.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
60 minutos
Funcións: 
Venres, 6 de Maio de 2022 20:30
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
Desde 2,5 a 5 €
Información da billeteira: 

2022-05-06 - 20:30:

  • REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
  • XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego

(no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa de cada caso).

 

    Share