AS QUE LIMPAN

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

UN CARTEL PENDURADO NO MANUBRIO DUNHA PORTA. “POR FAVOR, ARRANXE O CUARTO”. AO REGRESO DA PRAIA, AS CAMAS FEITAS, AS TOALLAS LIMPAS E O BAN?O IMPOLUTO. SON AS QUE LIMPAN, AS INVISIBLES QUE CARRETAN AO LOMBO UN SISTEMA TURI?STICO PRECARIZADOR. AS QUE LIMPAN, FALA DA LOITA ORGANIZADA DAS CAMAREIRAS DE PISO DOS HOTEIS POR ACADAR UNS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS XUSTOS. FRONTE A ELAS, A AVARICIA VORAZ DOS PROPIETARIOS DAS CADEAS HOTELEIRAS. HAI QUEN NUNCA LIMPOU UN VA?TER E HAI QUEN LIMPA CINCOCENTOS AO MES.

PREZOS

2022-03-18 - 20:30:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego

(no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa de cada caso).

DE INTERESE

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.
Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.
Non se admiten cambios nin devolucións.