PIONEIROS DA COMEDIA

DATOS BÁSICOS

PREPARÁDEVOS PARA ESCACHAR DA RISA, XA QUE AQUÍ CHEGAN OS MELLORES CÓMICOS DOS INICIOS DO CINEMA. SON OS ATEMPORAIS CHARLES CHAPLIN CHARLOT NA RÚA DA PAZ, HAROLD LLOYD FALA CON PAPÁ E BUSTER KEATON VECIÑOS, MESTRES DO SLAPSTICK QUE SEGUEN A SACARNOS UN SORRISO DO MESMO XEITO QUE HAI CEN ANOS. MÁIS DE 3 ANOS

PREZOS

Este evento forma parte do programa Cinema Miúdo. Adquire o teu bono

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

DE INTERESE

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.
Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.
Non se admiten cambios nin devolucións.