Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
PIONEIRAS UNE NUNHA EXPERIENCIA DE DANZA INFINITOS TIPOS DE MULLERES, ABANDEIRA O CLIXÉ E DESTRÚE O PREXUÍZO SOBRE O XÉNERO. HOMENAXEA AS PIONEIRAS, AS QUE INICIARON A BATALLA POLA IGUALDADE, ACOMPAÑA AS QUE SEGUEN PELEXANDO E CONMEMORA AS QUE NON TIVERON A OPORTUNIDADE DE VENCER. BAIXO A POÉTICA DA MODELAXE E A NATUREZA, PIONEIRAS INTRODUCE Á ESPECTADORA NUN UNIVERSO DE ALMAS FORTES E LOITADORAS, NUN MUNDO ÚNICO DE AMOR E RESPECTO POR CADA INDIVIDUO, PERO SOBRE TODO PROCURA TRANSFORMAR A INDIVIDUALIDADE DO SER HUMANO NA UNIDADE DUNHA SOCIEDADE IGUALITARIA.
2025-04-25 - 20:30: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €
VENDA DE ENTRADAS • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).
A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.