PEPO SUEVOS E ADRIÁN DO REGENCO

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

NESTA SESIÓN PEPO SUEVOS, PRESÉNTANOS O O SEU NOVO ESPECTÁCULO, A CAÍDA, TOTALMENTE IMPROVISADO, NO QUE, XA QUE LOGO, NON EXISTE TEXTO QUE APRENDER. UN ESPECTÁCULO INTERACTIVO, NO QUE A INFORMACIÓN QUE OFREZA O PÚBLICO SERÁ A QUE IRÁ COMPOÑENDO O CONTIDO, ASÍ QUE NO CASO DE TOCAR TEMAS ESCABROSOS, O PÚBLICO SERÁ O CULPABLE , OU CANDO MENOS, CÓMPLICE. E POR SUPOSTO, SE SE TRATAN OS TEMAS “DE SEMPRE”, SERÁ O AUDITORIO O QUE PEQUE DE POUCO ORIXINAL, E NUNCA O TIPO DO ESCENARIO, QUE TEN QUE ESTAR ÁXIL E RECEPTIVO PARA QUE A PELOTA NON CAIA Ó CHAN. UN SHOW ABERTO, ATREVIDO, ARRISCADO E SOBRE TODO, MOI DIVERTIDO, NO QUE CADA FUNCIÓN SERÁ ÚNICA. ESTARÁ ACOMPAÑADO DE ADRIÁN DO REGENCO QUE VEN DESDE A COSTA DA MORTE, CON MOITO HUMOR E RETRANCA PRA FACERVOS RIR A ESGALLA.

PREZOS

2024-05-24 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).