PAIO E O PODER DA MUSICA

  • Música
DATOS BÁSICOS

A SORPRENDENTE FAMILIA OVIRAVAI, COMANDADA POR RONI, KIKI E CHAMUCO, AFRONTA NOVOS RETOS NUNHA TRAMA CHEA DE MÚSICA, CORES E DIVERTIDÍSIMAS COREOGRAFÍAS, E UNHA VEZ MÁIS PAIO, O TEIXUGO MOLÓN, XUNTO AO SEU NOVO AMIGO O OSO AURELIO LLES AXUDARÁN AOS MÁIS PEQUENOS DA CASA A APRENDER E FIXAR VALORES FUNDAMENTAIS COMO O RESPECTO POLA NATUREZA, A IMPORTANCIA DA RECICLAXE OU O AMOR CARA A NOSA LINGUA. SEGUINDO A FILOSOFÍA DE PAIO, ADEMAIS DO DIVERTEMENTO, ESTE TRABALLO CONTÉN UNHA CLARA FINALIDADE EDUCATIVA. NO ESPECTÁCULO TRÁTANSE TEMAS TAN TRANSCENDENTES E ACTUAIS COMA O ACOSO ESCOLAR, A IGUALDADE, O RECICLAXE OU A LITERATURA GALEGA.

 

PREZOS

2021-01-22 - 18:00:
REDUCIDA: Desde 2,00 € hasta 2,00 €
XERAL: Desde 4,00 € hasta 4,00 €

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Limite de aforo, con asignación de butaca, ben individual ou agrupamento familiar de forma automática na billeteira electrónica. Máximo 4 entradas por persoa.

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

ABONOS:
Venda na Casa da Cultura do Milladoiro, os luns, xoves e venres de 10:00 a 14:00 horas. O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo de cada función (de quedar bonos dispoñibles).
• Abono Teatro Adulto: 15€ . Válido para asistir aos seis espectáculos deste 1º semestre (A Lingua das Bolboretas, O Montacargas , Sofía e as Postsocráticas, Mocos, Pink Unicorns, Liberto ). Poñeranse á venda un máximo de 10 bonos.
• Abono Teatro infantil: 14 € . Válido para asistir aos sete espectáculos deste 1º semestre (Paio e o poder da música , Voa voa!, Uxía (trío), Catro, Mai Mai, Almanaque musical, Don Gaiferos) . Poñeranse á venda un máximo de 10 bonos.