Que pasa cando o amor non sae como esperabamos? E se fracasar fose, en realidade, unha oportunidade para reconstruírnos?
Lo positivo de fracasar en el amor é un monólogo teatral no que Pablo Piñeiro desmenuza a súa obra literaria do mesmo nome e se desnuda —metaforicamente— ante o público para compartir o seu proceso persoal: dun mozo “analfabeto emocional” a alguén que aprendeu a cuestionar os mitos do amor romántico, os mandatos de xénero e as expectativas que condicionan as nosas relacións. Con humor, honestidade e historias nas que é doado recoñecerse, o espectáculo convida a reflexionar sobre como aprendemos a amar, como nos afectan os roles e que significa construír vínculos máis sans, máis conscientes e máis igualitarios.
No escenario acompáñao René Merino, que debuxa en directo o que lle suxire o texto, engadindo unha dimensión visual que transforma cada función nunha experiencia viva e irrepetible.
Unha proposta que fai rir, que remexe por dentro e que deixa pegada. Porque quen entra no teatro cunha idea do amor, probablemente saia con outra.