O LIBRO DA SELVA: O MUSICAL

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

Unha adaptación contemporánea e familiar do clásico de Kipling, con música orixinal en galego, que nos convida a reflexionar sobre a amizade, a identidade, a convivencia e o respecto á natureza… mesmo cando a natureza é de asfalto. O espectáculo explora valores como a diversidade, a cooperación e a sustentabilidade nunha posta en escena chea de enerxía, humor e emocións. Unha experiencia musical e visual para redescubrir a selva... ou quizais, a cidade. Nun mundo urbano que se converte nunha nova selva, Mowgli é unha nena criada entre animais que teñen moito que dicir sobre o mundo actual. Punkies, rapeiros e heavys substitúen aos lobos, monos e voitres do conto orixinal, nunha viaxe chea de ritmo, humor e aprendizaxes

PREZOS

2026-03-27 - 18:00:

  • Reducida: 2,00 €
  • Xeral: 4,00 €
DE INTERESE

As entradas poderán adquirirse a partir do xoves 8 de xaneiro.

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Coa finalidade de facilitar a asistencia aos espectáculos e potenciar a participación establécese un prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos e a persoas menores de 12 anos, familias numerosas, mozos e mozas co carné xove e persoas demandantes de emprego.

(no control de accesos do Auditorio poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

 

Normas de organización e acceso ao recinto

 

• A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo ninguén poderá acceder á sala.

• Solicítase a máxima colaboración para anticipar a hora de chegada e así evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

• As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.

• TODO o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme á cabida dos recintos. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.

• Non se admiten cambios nin devolucións.

• A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, e solicítase que na medida do posible se respecte esta recomendación de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.

• Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita do organizador; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e á lexislación vixente que corresponda.

 

+ info cultura@concellodemaes.gal

662377444