O ÚNICO QUE VERDADEIRAMENTE QUIXEN TODA A MIÑA VIDA É SER DELGADA

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

CUNHA SINCERIDADE CRÚA E O SEU CLÁSICO HUMOR IRÓNICO, CARRODEGUAS ABORDA NESTE TEXTO DE AUTO[NON]FICCIÓN A RELACIÓN CO SEU CORPO, MARCADA POLA GORDOFOBIA QUE SE RESPIRA EN CALQUERA RECUNCHO DESTA APAIXONANTE SOCIEDADE DA FERMOSURA. PORQUE, POR MOITO QUE TE ESCONDAS, A GORDOFOBIA SEMPRE ESTÁ AO TEU CARÓN. SOBRE TODO, PORQUE ESTÁ EN TI.

PREZOS

2025-04-04 - 20:30:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.
Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.
Non se admiten cambios nin devolucións.

Share