Platónico, platónica de Xacio Baño: Créame un título para un filme sobre o amor. Estamos nun momento de encrucillada histórica e evolutiva. Hoxe xa non podemos confiar nos nosos ollos nin nos nosos oídos. Coa chegada da intelixencia artificial debemos comezar a dubidar de todo, ata do amor. Platónico, Platónica é un ensaio audiovisual sobre as imaxes e o amor, e sobre a súa verdade. Porque sen amor non hai imaxe
Noites de prata de Soraya Antelo: Unha noite como tantas outras, Lola sobe ao escenario, e, a través da música da súa voz, amosaranos que a levou a abandonar Galicia e habitar as terras que baña o Río da Prata.
Carracedo de Manu Lucas Mariño: No taller de Sito, cada anaco de madeira garda unha historia. As súas mans non buscan a perfección, senón o equilibrio entre o posible e o necesario. Entre ferramentas gastadas e medidas aproximadas, emerxe unha gaita única, reflexo dunha vida resiliente e apaixonada pola música tradicional.
Pechar caixas, abrir caixas de Hugo Amoedo: O escritor galego Xavier Queipo prepara a mudanza para regresar ao país despois de vivir máis de 30 anos en Bruxelas. Baleira a súa casa e mete os seus recordos en caixas que os mozos de mudanzas cargan no camión para levar de volta a España. Outro galego, o cineasta Hugo Amoedo, tamén asentado en Bruxelas, non sabe cando poderá regresar. Mentres, ensínalle ao seu fillo a andar en bicicleta, dubida, ten soños e ideas para películas e se pelexa na ventanilla de correos. .