NINJA

GHAZAFELHOS
Teatro
03-03-2023
Dirixido a público:
Familias
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
NINJA.jpg

 

NINJA é unha obra lúdica e pedagóxica que aborda o acoso escolar. A través duha historia divertida e chea de reflexións sobre o respeto, o apoio mutuo e a diversidade farase fincapé no máis importante para resolver un problema: visualizalo.

TORI É UNHA NENA DO RURAL QUE VAI Á ESCOLA. ENCÁNTANLLE A CULTURA ORIENTAL, O KARATE, O KUNG FU, O JIU JITSU, AS PELIS DE BRUCE LEE, JACKIE CHAN... E SOÑA CON SER NINJA!! ADESTRA TODOS OS DÍAS PARA PASAR INADVERTIDA E OBSERVAR OS DEMAIS COMO UNHA AUTÉNTICA NINJA... GRAZAS A ESA CONDICIÓN, DESCOBRE QUE NO COLE HAI NENOS E NENAS QUE TAMÉN QUEREN PASAR INADVERTIDOS, PERO NON PARA SER NINJAS, SENÓN, PARA QUE OUTROS NENOS E NENAS NON ABUSEN DELES. CON AXUDA DO SEÑOR EDELMIRO, UN VELLIÑO AO QUE TORI ACODE NA PROCURA DUN CONSELLO, CONSEGUIRÁ QUE AS CRIANZAS INADVERTIDAS SE FAGAN VISIBLES E CAMBIEN AS TORNAS NA ESCOLA..

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
50 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 3 de Marzo de 2023 18:00
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
4€
Información da billeteira: 

2023-03-03 - 18:00:
REDUCIDA: Desde 2,00 € hasta 2,00 €
XERAL: Desde 4,00 € hasta 4,00 €

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade)

Share