NINA NINETTE

PAULA QUINTAS CÍA
Danza
14-04-2023
Dirixido a público:
Infantil
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura do Milladoiro
Evento cultural finalizado
NINA NINETE.jpg

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos.

TODO É TAN DIFERENTE, TAN BRILLANTE, TAN FERMOSO! MAIS NINA SENTE A FALTA DO SEU FOGAR E DECIDE MARCHAR. A CUESTIÓN É QUE ESE MUNDO É UN LABIRINTO E, COMO TODOS OS LABIRINTOS, É MOI DOADO ENTRAR PERO BEN COMPLICADO SAÍR. SERÁ QUEN DE CONSEGUILO? NINA NINETTE É UN CONTO INICIÁTICO QUE SE INSPIRA NA ESTÉTICA DO BALLET TRIÁDICO E QUE CELEBRA O CENTENARIO DA SÚA ESTREA, PARA DANZAR UNHA HISTORIA DE BELEZA E REBELDÍA.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura do Milladoiro
Duración: 
55 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 14 de Abril de 2023 18:00
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
4€
Información da billeteira: 

2023-04-14 - 18:00:
REDUCIDA: Desde 2,00 € hasta 2,00 €
XERAL: Desde 4,00 € hasta 4,00 €

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

Share