Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
AS NEVES É UN REMOTO POBO DE MONTAÑA ONDE TODO O MUNDO SE COÑECE. A NOITE DE ENTROIDO OS ADOLESCENTES DA VILA CELEBRAN UNHA FESTA E DRÓGANSE CON COGOMELOS POR PRIMEIRA VEZ. AO DÍA SEGUINTE ESPERTAN COA NOVA DE QUE PAULA, UNHA DAS MOZAS QUE ESTABA NA FESTA, DESAPARECEU. MENTRES, UN TEMPORAL DE NEVE CHEGA AO POBO E VAINOS DEIXANDO INCOMUNICADOS E SEN INTERNET. A INVESTIGACIÓN DA DESAPARICIÓN DE PAULA CAUSARÁ UN CAMBIO PROFUNDO NA SÚA RELACIÓN CO MUNDO.
2024-11-12 - 20:00: PREZO CINE: Desde 3,00 € hasta 3,00 € PREZO REDUCIDO: Desde 1,50 € hasta 1,50 €
VENDA DE ENTRADAS CINE • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Na casa da cultura do Milladoiro o mesmo día da película a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade). A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo da película. Unha vez que empece a película, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo da proxección. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.