MARTA DOVIRO E JOSÉ BLANCO

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

MARTA DOVIRO Actriz comunicadora e cómica. No seu espectáculo “ Unha rapasa da Costa da Morte” demostra que ademais dunha das caras mais coñecidadas da televisión, é tamén unha valente, que tanto lle ten enfrontarse a piratas como aos asiduos do Luar. No seu show, fai un repaso humorístico, ácedo e mítico por aquel territorio ao que tanto temen os turistas. 

JOSÉ BLANCO Representante xenuíno das novas fornadas de cómicos fogueadas nos bares e nos clubes. Ten unha idea aristocrática do humor, se o público non ten nivel para o seu espectáculo, con abrir a boca e rir xa o tem todo feito.

PREZOS

2025-05-22 - 21:00:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións