MAI MAI

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

"MAI MAI" É  A HISTORIA DO ÚLTIMO  OSO PANDA DO PLANETA E A SÚA LOITA POR SOBREVIVIR. A FALTA DE COMIDA E OS PROBLEMAS OCASIONADOS POLO  QUENTAMENTO GLOBAL FAN DIFÍCIL A SUPERVIVENCIA DESTA ESPECIE. UNHA MULLER EMPRENDEDORA E MOI REVOLUCIONARIA E UN FAMOSO FOTÓGRAFO COMEZAN UNHA VIAXE POR SEPARADO PARA BUSCAR O ÚLTIMO PANDA DO PLANETA, TODA UNHA AVENTURA NA QUE SE ATOPARÁN UNHA CHEA DE PROBLEMAS QUE AMAÑAR…. UNHA HISTORIA TENRA E MOI DIVERTIDA ONDE SE MESTURAN O AMOR, A COBIZA, O ÉXITO E A CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL.

Infantil a partir de 5 anos.

PREZOS

2021-03-05 - 18:00:
REDUCIDA: Desde 2,00 € hasta 2,00 €
XERAL: Desde 4,00 € hasta 4,00 €

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Limite de aforo, con asignación de butaca, ben individual ou agrupamento familiar de forma automática na billeteira electrónica. Máximo 4 entradas por persoa.

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

ABONOS:
Venda na Casa da Cultura do Milladoiro, os luns, xoves e venres de 10:00 a 14:00 horas. O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo de cada función (de quedar bonos dispoñibles).
• Abono Teatro Adulto: 15€ . Válido para asistir aos seis espectáculos deste 1º semestre (A Lingua das Bolboretas, O Montacargas , Sofía e as Postsocráticas, Mocos, Pink Unicorns, Liberto ). Poñeranse á venda un máximo de 10 bonos.
• Abono Teatro infantil: 14 € . Válido para asistir aos sete espectáculos deste 1º semestre (Paio e o poder da música , Voa voa!, Uxía (trío), Catro, Mai Mai, Almanaque musical, Don Gaiferos) . Poñeranse á venda un máximo de 10 bonos.