LIBERTO

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

LIBERTO CONTA EN PRIMEIRA PERSOA A HISTORIA DE ADA, UNHA NAI QUE TEN A AFRONTAR QUE O SEU FILLO ACABADO DE NACER TEN UNA PARÁLISE CEREBRAL SEVERA. DENDE A FORZA QUE SE ATOPA NOS FIORDOS DA VIDA, A PEZA AMOSA AS ARISTAS DA MATERNIDADE E O LADO MÁIS MAMÍFERO DESTA, E AXÚDANOS A COMPRENDER QUE A PROPIA MORTE É PARTE DA VIDA. LIBERTO É UNHA PEZA CHEA DE VITALIDADE; É UN RELATO HONESTO DE COMO XESTIONAR A DOR E SEGUIR AVANZANDO.

PREZOS

2021-05-07 - 20:30:<br />REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €<br />XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €<br />

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Limite de aforo, con asignación de butaca, ben individual ou agrupamento familiar de forma automática na billeteira electrónica. Máximo 4 entradas por persoa.

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

ABONOS:
Venda na Casa da Cultura do Milladoiro, os luns, xoves e venres de 10:00 a 14:00 horas. O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo de cada función (de quedar bonos dispoñibles).
• Abono Teatro Adulto: 15€ . Válido para asistir aos seis espectáculos deste 1º semestre (A Lingua das Bolboretas, O Montacargas , Sofía e as Postsocráticas, Mocos, Pink Unicorns, Liberto ). Poñeranse á venda un máximo de 10 bonos.
• Abono Teatro infantil: 14 € . Válido para asistir aos sete espectáculos deste 1º semestre (Paio e o poder da música , Voa voa!, Uxía (trío), Catro, Mai Mai, Almanaque musical, Don Gaiferos) . Poñeranse á venda un máximo de 10 bonos.

Share