Josito Porto e Luis Rey

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

JOSITO PORTO, famoso por ser o actor mais imprescindible da Galega, na que brillou en papeis de vendedor de xornais, camareta ou chapista, agora ven dar a chapa á sua terra de adopción: Ames. Porto sempre se gabou de ser inculto, vulgar, e ignorante, cando en realidade é un actor de extensa sensibilidade e erudito perdido, co que gañou un feixe de prémios Maria Casares. El di que fai LARETADAS para non humillar aos veciños. Despois de ouvir a Josito, a xente di: “Comparado con ese, eu si que son listo” Ábrelle o telón, LUIS REY, que se inicia na arriscada actividade do stand-up. Non é a primeira vez que está nun escenario actuando para xente agreste, non é a primeira vez que conta contos para facer rir á concorrência, mais é a primeira vez que fai as duas cousas ao mesmo tempo. No pasado formou parte, como animador, das mellores orquestras de baile do pais, o que lle permitiu coñecer palmo a palmo o lado salvaxe do pais, agora vai contalo en público, sen gardar segredos. Mellor que o National Geographic. Dende a Ardebullo Bin Ban á Casa da Cultura de Bertamiráns.

PREZOS

2026-05-21 - 21:00:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura onde terá lugar o evento o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.