INAUGURACIÓN. AXOUXERES I

DATOS BÁSICOS

FICADE ATENTOSE ATENTAS ÁS HISTORIAS DOS CATIVOS QUE PROTAGONIZAN ESTA SESIÓN. SON NENOS E NENAS COMA VÓS, TRAVESOS LULINA E A LÚA, TRABALLADORES , A PANADARÍA DE BORIS, E ORGULLOSOS DE SI MESMOS EU VOU COMIGO. PARA REMATAR, QUÉDAVOS UNHA TRASNADA BEN DIVERTIDA SOBRE UN GATO ENXEÑEIRO E UN CAN ASPIRANTE A PILOTO A VOAR

PREZOS

Este evento forma parte do programa Cinema Miúdo. Adquire o teu bono

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

DE INTERESE

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.
Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.
Non se admiten cambios nin devolucións.