ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

ICTUS é o novo proxecto de Chévere en co-produción co Centro Dramático Nacional.

Unha obra sobre a memoria, sobre a relación que existe entre boa memoria e boa democracia e sobre os traumas sen resolver coa nosa memoria histórica. Unha obra que usa como fío condutor o cadro titulado “A derradeira leición do mestre”, que é a derradeira pintura que Castelao asina no exilio, cando xa estaba case cego. A obra de Chévere propón unha viaxe inversa no tempo, acompañando o cadro desde o acto de recibimento que lle organiza o goberno galego cando chega por primeira vez a Galicia no 2018 para protagonizar unha exposición sobre a educación, até a súa primeira presentación pública no Centro Ourensán de Bos Aires o 17 de agosto de 1945, no noveno cabodano do fusilamento de Bóveda polos autores do golpe de estado de 1936. Chévere argalla un dispositivo documental no que se cruzan as voces de numerosas testemuñas, para dialogar coa historia persoal dunha muller que sofre alteracións da memoria por un dano cerebral adquirido, causado por un ictus que lle dá durante ese acto de recepción do cadro de Castelao na Cidade da Cultura. O resultado é unha viaxe escénica que nos invita a entender como se constrúen -e como se disputan- as narrativas da memoria.

ACCESIBILIDADE: esta obra conta con intérpretes de lingua de signos (LSE) en escena para persoas xordas signantes e con audiodescrición en directo integrada na narrativa da obra, para persoas con discapacidade visual.

PREZOS

2026-05-08 - 20:30:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
  • 2026-05-09 - 20:30:
  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

As entradas poderán adquirirse a partir do xoves 8 de xaneiro.

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Coa finalidade de facilitar a asistencia aos espectáculos e potenciar a participación establécese un prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos e a persoas menores de 12 anos, familias numerosas, mozos e mozas co carné xove e persoas demandantes de emprego.

(no control de accesos do Auditorio poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

 

Normas de organización e acceso ao recinto

 

• A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo ninguén poderá acceder á sala.

• Solicítase a máxima colaboración para anticipar a hora de chegada e así evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

• As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.

• TODO o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme á cabida dos recintos. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.

• Non se admiten cambios nin devolucións.

• A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, e solicítase que na medida do posible se respecte esta recomendación de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.

• Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita do organizador; en todo caso, actuarase conforme aos acordos e á lexislación vixente que corresponda.

 

+ info cultura@concellodemaes.gal

662377444