HELEN KELLER, A MULLER MARABILLA?

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

ESTE É UN PROXECTO SOBRE A POSIBILIDADE DA REBELDÍA E A DISIDENCIA NO NOSO MUNDO. SOBRE A POSIBILIDADE DE SER UNHA MULLER MARABILLOSA E AO MESMO TEMPO REBELDE E DISIDENTE. SOBRE A POSIBILIDADE DE QUE UNHA MULLER XORDA ROMPA O SILENCIO SOCIAL E UNHA MULLER CEGA ABRA OS OLLOS DA SOCIEDADE DIANTE DA INXUSTIZA. PERO ESTE TAMÉN É UN TRABALLO SOBRE A LINGUAXE, QUE QUERE CUESTIONAR A IN-COMUNICACIÓN ENTRE PERSOAS OINTES E NON OINTES, INTEGRANDO NA MESMA OBRA A LINGUA FALADA E A LINGUA DE SIGNOS.

Ao remate da función haberá un coloquio coas actrices e director , dunha duración máxima de 30 minutos no hall da Casa da Cultura de Bertamiráns.

PREZOS

2024-04-26 - 20:30:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

DE INTERESE

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.
Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.
Non se admiten cambios nin devolucións.