Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
ERA UNHA VEZ UNHA BELA CIDADE CHAMADA HAMELIN. A CIDADE ENCHEUSE DE RATAS. ATA QUE ALGUÉN FIXO SOAR UNHA FERMOSA MÚSICA”. A VERSIÓN ÁSPERA DO CONTO É MÁIS VEROSÍMIL E PARÉCESE MÁIS AO MUNDO NO QUE VIVIMOS. NO NOSO MUNDO, OS NENOS SON OS PRIMEIROS QUE PAGAN. PAGAN OS VICIOS DOS MAIORES, AS MENTIRAS DOS MAIORES. NESTE SENTIDO, O HAMELIN QUE NON SABE PROTEXER AOS SEUS NENOS É COMO MOITAS CIDADES DO NOSO MUNDO. MAYORGA ABORDA O TEMA DA PEDERASTIA CUNHA LINGUAXE E ESCENAS CHEAS DE ELIPSES, ONDE AS COUSAS QUEDAN ALUDIDAS, ONDE O ESPECTADOR DEBE POÑER DA SÚA PARTE PARA INTERPRETAR, PARA IMAXINAR, PARA ENCHER OS SILENCIOS. JUAN MAYORGA ABORDA O TEMA DUNHA MANEIRA MOI SUTIL, OS SILENCIOS DOS PERSONAXES ENCERRAN GRANDES VERDADES, EVITA UNHA LINGUAXE SOEZ E OPTA POR UN ESPECTADOR ACTIVO QUE IMAXINE MÁIS ALÓ DO QUE SE MOSTRA EN ESCENA.
2024-03-01 - 20:30: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €
VENDA DE ENTRADAS • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).
DE INTERESE
A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.