GUERRA

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

A GUERRA É A EXPRESIÓN CRUEL DO FRACASO TOTAL, POR ISO NUNCA É UNHA SOLUCIÓN, SENÓN O MÁIS GRANDE DOS ERROS. Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer os personaxes do Teatro Universal que nel foran representados ao longo do tempo e encarnados en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeu, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución

PREZOS

2025-11-28 - 20:30:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura onde terá lugar o evento o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.