Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
GO HOME CONTA A HISTORIA DE DAVID, UN FANÁTICO DO TURISMO QUE XA FIXO TODO TIPO DE AVENTURAS QUE AS AXENCIAS DE TURISMO LLE PODÍAN OFRECER. TODAS MENOS UNHA: UNHA VIAXE SORPRESA, A CEGAS, NA QUE NON SABE O QUE LLE VAI ACONTECER. A PERIPECIA LEVARÁO A PASAR A NOITE NO CEBREIRO, COMEZANDO UNHA AVENTURA NA QUE DAVID GOZARÁ DE EMOCIÓNS INTENSAS, TALES COMO A DÚBIDA, O MEDO E A SORPRESA. ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR TITO ASOREY, E PROTAGONIZADO POR DAVID AMOR E JOSITO PORTO EN ASOCIACIÓN CON GRANDES DA DRAMATURXIA COMO JOSÉ PRIETO, JOSÉ FARO, LAURA ITURRALDE, PATRICIA FERREIRA E XAVIER PORTO.
2024-10-18 - 20:30: REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 € XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €
VENDA DE ENTRADAS • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade). A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións