GALA MÁXICA INTERNACIONAL. CON MOITA MAXIA!!

  • Maxia
DATOS BÁSICOS

Presenta ISAAC JURADO (Cataluña): Experto en humor e cun toque moi persoal. Participan: • SEIMEI (Corea do Sur): un gran artista referente no continente asiático. Chega a Galicia para presentar por primeira vez en Europa o seu número máis recente. Unha viaxe pola maxia tradicional asiática nunca antes vista.As máscaras e os abanos serán os principais elementos que pasarán polas mans deste habilidadoso artista. • MARCOS WALDEMAR (Lugo): Unha auténtica mente creativa, recente gañador de dous premios nacionais de maxia no último Congreso Máxico Nacional. Un dos artistas galegos máis emerxentes, presentará na Gran Gala de Festimax o seu número estrela. • PEIO RIVAS (País Vasco): Experto en manipulación de obxectos, unha das ramas máis complicadas do ilusionismo. Cartas que aparecen nos seus dedos a un ritmo trepidante. Unha mestura de xuventude e elegancia a partes iguais. • DIEGO e ELENA (Madrid): Un dos números máis aclamados nos principais Festivais de Maxia de todo o mundo. Unha proposta nunca antes vista, a mestura de dúas disciplinas: As acrobacias aéreas e o Quick Change. Serán os encargados de poñer o broche de ouro ao Festimax 2025.

PREZOS

2025-10-25 - 17:00:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
  • 2025-10-25 - 19:30:
  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
  • 2025-10-26 - 17:00:
  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
  • 2025-10-26 - 19:30:
  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura onde terá lugar o evento o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.