FILMEI PAXAROS VOANDO

  • Cine
DATOS BÁSICOS

Logo de 20 anos vivindo en Barcelona, Zeltia volta a Galicia para filmar a memoria do seu admirado tío Antonio, un artesán textil que viviu intensamente na década dos 80. Este retorno provoca o encontro coa súa nai Socorro, unha muller conservadora á que Zeltia nunca quixo parecerse. O repentino empeoramento na saúde de Socorro cambia a mirada de Zeltia, que descubrirá un camiño de volta a casa difícil, pero tamén cheo de amor e coidados. Entre rodaxes e coidados, nai e filla atopan un espazo para sandar vellas feridas e compartir momentos de complicidade e amor

PREZOS

2025-04-10 - 20:00:<br /><li>Prezo cine: 3,00 €</li><li>Prezo reducido: 1,50 €</li></ul>

DE INTERESE

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura do Milladoiro o mesmo día da película a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo da película.

Unha vez que empece a película ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo da proxección.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.