FEDERICO PÉREZ E CATA UKELELE

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

FEDERICO PÉREZ Natural de Chacín , Federico Pérez é un dos corpos mais recoñecibles da televisión e unha das linguas mellor preparadas do país. Os seus detractores din que tiña mais graza cando era gordo. O seu espectáculo desmínteo: ao perder peso a graza concéntrase como o sal no caldo. “Xa que o sabes voucho contar” é o título do show, no que por primeira vez na sua carreira, F.P. fala de si mesmo, en vez de falar dos outros. Cóntao todo desde nove meses antes de nacer até o día da sua morte. É a sua versión dos feitos. Mellor que a versión oficial! 

CATA UKELELE Cómica de stand up viguesa, forxada en Santiago de Compostela. O seu nome artístico oculta un pasado vergoñento na animación infantil e na BBC. Ela é a eterna rookie con 10 anos de actuación a suas costas, entre Galicia, Madrid e Alicante. Humor ácido, fresco e dinámico; o Jackass cultural definitivo. Non intente na sua casa, pode ser perigoso!

PREZOS

2025-05-24 - 21:00:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións