EVARISTO CALVO E KARI CARBONE

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

EVARISTO CALVO É un dos dous actores mais graciosos de Mofa e Befa. Neste show “A ver que passa” circula polo stand up, a narración oral, a superprodución cinematográfica de andar por casa e mesmo se atreve a revelar parte da sua obra poética.

KARI CARBONE Directamente desde a burbullante escena do stand up bonaerense, aterra hai pouco tempo na noite compostelana. Improvisa, esfola micrófonos, goberna o público como que arrea un rebaño e segundo nos revela, triunfar dálle preguiza. Para evitar o esgotador éxito, só actúa para prateas de 30 elementos como máximo. En Ames vai facer unha excepción e vai triunfar, por moito que se canse.

PREZOS

2025-05-23 - 21:00:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións