ENTREGA EN MAN

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

NUN COTROSO CUARTO DUN CUTRE HOTEL DUNHA PEQUENA E ANÓNIMA VILA AMERICANA, UN HOME MADURO E EXCÉNTRICO OFRECE UNHA RECOMPENSA POR RECUPERAR A MAN QUE, NUN ACTO DE CRUEL E GRATUÍTA VIOLENCIA, LLE CORTARON 27 ANOS ATRÁS E QUE, DESDE AQUELA, LEVA BUSCANDO SEN DESCANSO. UN MOZO NEGRO E A SÚA FERMOSA E BRANCA MOZA PRETENDEN ENGANALO OFRECÉNDOLLE UNHA MAN QUE, LOXICAMENTE, NON É A SÚA. O ESTRAÑO RECEPCIONISTA DO HOTEL ENTREMÉTESE E PON EN RISCO A INSÓLITA TRANSACCIÓN

PREZOS

2025-01-31 - 20:30:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade)

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.
Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.
Non se admiten cambios nin devolucións.

Share