AS DESTERRADAS

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

NO SÉCULO XVI UNHA PEQUENA COMUNIDADE DE MONXAS Á BEIRA DO MIÑO VESE AMEAZADA POLA COBIZA DA XERARQUÍA ECLESIÁSTICA. OS SEÑORES DA IGREXA, PARA REMATAR COA RESISTENCIA DAS FREIRAS NON DUBIDAN EN DIFAMALAS E AMEAZALAS POR TODOS OS MEDIOS, DESDE O TRIBUNAL DA INQUISICIÓN Á VIOLENCIA DAS MESNADAS SEÑORIAIS. CARME VARELA RECONSTRÚE NUN THRILLER CONVENTUAL AQUELES TEMPOS DE RESISTENCIA DAS COMUNIDADES DE MULLERES AUTOSUFICIENTES E PODEROSAS. A VIDA PARECE CONTINUAR COAS SÚAS RUTINAS DE REZOS, BORDADOS E MELINDRES, MAIS A NEGRA SOMBRA DA AMEAZA EXTERIOR ABÁTESE SOBRE O CONVENTO DE ALBEOS.

PREZOS

2025-03-28 - 20:30:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade). A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.

Share