DESEXANDO AMAR

  • Cine
DATOS BÁSICOS

HONG KONG. 1962. CHOW, REDACTOR XEFE DUN DIARIO LOCAL, MÚDASE A UN EDIFICIO HABITADO PRINCIPALMENTE POR RESIDENTES DE SHAGHAI. ALÍ COÑECE A LI-ZHEN, UNHA MOZA QUE ACABA DE INSTALARSE NO MESMO EDIFICIO CO SEU ESPOSO. UN DÍA, AMBOS DESCUBRIRÁN ALGO INESPERADO RESPEITO ÁS SÚAS PARELLAS QUE O CAMBIARÁ TODO.

AS PROXECCIÓNS SERÁN EN VERSIÓN ORIXINAL SUBTITULADA E NESTA SESIÓN CONTAREMOS COA ACTRIZ JAIONE CAMBORDA QUE FARÁ UN PEQUENO COLOQUIO AO FINALIZAR O FILME PARA PROFUNDIZAR NOS ASPECTOS MÁIS RECHAMANTES DA OBRA AUDIOVISUAL. AO COMENZÓ TAMÉN HABERÁ UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN PARA ORIENTAR AO PÚBLICO CUN PAR DE CLAVES SOBRE O FILME ANTES DA PROXECCIÓN.

PREZOS

2024-04-23 - 20:00:
PREZO CINE: Desde 3,00 € hasta 3,00 €
PREZO REDUCIDO: Desde 1,50 € hasta 1,50 €

DE INTERESE

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Na casa da cultura do Milladoiro o mesmo día da película a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).
A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo da película.
Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo da proxección.
Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.
Non se admiten cambios nin devolucións.