Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
O ENTROIDO CHEGOU E A FAMILIA RIBEIRO PREPÁRASE PARA GOZAR DAS FESTAS FAVORITAS DE TODO BO OURENSÁN. PASARON DOUS ANOS DESDE A DETENCIÓN DE ALICIA ZAMORA E O SEU SOCIO PORTUGUÉS. OS CUÑADOS MONTARON UN POSTO DE POLBO EN OURENSE, A MANEIRA PERFECTA PARA BRANQUEAR O DIÑEIRO DO BOTÍN QUE CAEU DO CEO. ENTRE UNHA COUSA E OUTRA, MODESTO CONVERTEUSE NUN MEMBRO MÁIS DA FAMILIA. UN CUÑADO MÁIS. A APARICIÓN EN OURENSE DE ANDREIA NUNES ,A PARELLA DO PORTUGUÉS, EN BUSCA DE VINGANZA, COMPLICARÁ AS COUSAS PARA OS CUÑADOS, METÉNDOOS NUN NOVO ENREDO QUE ACABARÁ CUN CADÁVER NO MEDIO DA PONTE INTERNACIONAL DETUI. E QUE CONVERTERÁ ESTE ENTROIDO NUN AUTÉNTICO BAILE DE MÁSCARA
2024-11-19 - 20:00: PREZO CINE: Desde 3,00 € hasta 3,00 € PREZO REDUCIDO: Desde 1,50 € hasta 1,50 €
VENDA DE ENTRADAS CINE • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Na casa da cultura do Milladoiro o mesmo día da película a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade). A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo da película. Unha vez que empece a película ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo da proxección. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.