CORTELLO DE AMOR

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

JACK E ROSE, UNHA PARELLA QUE ANDA POLA TRINTENA E QUE LEVAN XUNTOS DENDE A ADOLESCENCIA, VAN A UN CONCERTO DO SEU GRUPO FAVORITO, GRANDE AMORE, NUNHA PRAZA CÉNTRICA A CARÓN DO SEU PISO. LOGO DUNHA FESTA MEMORABLE QUE PARALIZA A CIDADE POLA AFLUENCIA MASIVA DE PÚBLICO, OS MEMBROS DO GRUPO NON CONSEGUEN ARRINCAR A SÚA FURGONETA. ROSE E JACK, FANS INCONDICIONAIS, NON O DUBIDAN E DECIDEN OFRECERLLES A SÚA CASA PARA PASAR A NOITE E DURMIR ELES DOUS NO FAIADO. DURANTE ESA NOITE NO ROCHO DESCOBREN QUE A SÚA PAIXÓN REAVÍVASE NESTE PEQUENO ESPAZO. ENCANTADOS COAS MARABILLAS DO FAIADO, TEÑEN A IDEA DE SACAR UNS CARTOS EXTRA ALUGANDO A TURISTAS O SEU CÉNTRICO APARTAMENTO NA ZONA VELLA DUNHA SENLLEIRA CIDADE GALEGA, MENTRES ELES APROVEITAN PARA PASAR TEMPO NO FAIADO, AO QUE CHAMAN “NIÑO DE AMOR”.

PREZOS

2025-02-07 - 20:30:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS
• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl
• Nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).
Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.
Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.
Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.
Non se admiten cambios nin devolucións.

Share