Benvidos e benvidas á billeteira cultural do Concello de Ames, unha aplicación que che permitirá coñecer os eventos culturais que se realizan no noso concello e adquirir as entradas.
Presentación
Auditorio do Milladoiro
Auditorio de Bertamiráns
LUIS FERCÁN, INICIA NO 2016 A SÚA CARREIRA COMO MÚSICO EN SOLITARIO. NO 2018 PUBLICA O SEU PRIMEIRO LP GRIETA, QUE TIVO UNHA MOI BOA ACOLLIDA GRAZAS Á MESTURA ENTRE A PROFUNDIDADE DAS SÚAS LETRAS E A PERSONALIDADE QUE SE REFLICTE CLARAMENTE NUN PROXECTO TAN MADURO. DENDE AQUELA SEGUE COLLEITANDO ÉXITOS COS NOVOS TRABALLOS FURIAS E CANCIONES COMPLETAS DESDE UNA CASA VACÍA”. NO 2023 GRAVA O SEU TERCEIRO DISCO POSTALES PERDIDAS, QUE ESTE ANO PRESENTOU EN MÁIS DE 30 CIDADESDE TODO O PAÍS E QUE PODEREMOS VER ESTE NOVEMBRO NO PROGRMA DE SANTA ICÍA EN AMES.
2024-11-21 - 20:30:<br />REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €<br />XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €<br />
VENDA DE ENTRADAS • A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl • Na casa da cultura de Bertamiráns o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles). Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).
A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo. Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo. Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non se admiten cambios nin devolucións.