COCIDO SINFÓNICO - Os Tres Tenedores

Teatro
26-02-2016
Dirixido a público:
Infantil
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura do Milladoiro
Evento cultural finalizado
cocido sinfonico.jpg

Cocido Sinfónico é un espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar.

Con estes tres músicos e cómicos o espectáculo está asegurado, mesturan no seu repertorio varias disciplinas, destacando a música interpretada en directo e o clown. Son espectáculos dinámicos e con moi bo ritmo, nos que pode disfrutar toda a familia. Cocido Sinfónico é un espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar nesta ocasión as portas deste peculiar restaurante, ábrense dispostas a ofrecerlles aos comensais as músicas máis saborosas, acompañadas dos pratos máis suculentos e novidosos. Prepara o teu padal e colle asento, pois poderás degustar os momentos máis exquisitos larpeiros con este cocido sinfónico. Con todo, só nos resta desexarvos un bo proveito!!

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura do Milladoiro
Duración: 
50 minutos
Funcións: 
Venres, 26 de Febreiro de 2016 18:30
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
4€
Información da billeteira: 

XERAL: 4€

REDUCIDA: 2€

VENDA DE ENTRADAS: En liña en concellodeames.gal ata dúas horas antes do comezo da función

ou na taquilla unha hora antes do comezo da función

Share