Celso Fernández Sanmartín e Fernando Palitos

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

CELSO FDEZ. SANMARTIN é o contador de historias , contos e sucedidos máis difícil de imitar da Galiza. Aínda que parece fácil todo o que fai, non resiste a copia. Con un humor inspirado nas persoas máis vellas que misturan a ironia coa sabedoría fainos sorrir cando menos #o esperamos. Collenos da orella e obriganos a seguilo polo labirinto de historias comovedoras e humorísticas, uña burla onde non desaparece nunca a humanidade. Alguén #o comparou co coello de Alicia: se o sigues chegarás a mundos marabillosos que non se vén a simple vista. Igual hai que dicir que saíu en LUAR da Galega, foi convidado pola Academía de Roma e participou no Alkantara Fest de Lisboa con todoa a vangarda europea. Pero el prefire ir tomar un café ao Camilo. Celso dálle a alternativa a FERNANDO PALITOS “PALI”. Farto de que o Celso lle roube as historias e viva delas andando polo mundo, Fernando presenta por #primeiro vez a versión orixinal dalgunhas historias que Celso deformou coa súa óptica. Fernando ve o mundo doutra maneira, porque susurra aos cabalos, aprendeos a bailar, sabe de calefaccións e ensina aos fillos a facer mapas do mundo. As catro cousas que necesita alguén para contar historias: altura de miras , calor, ver mundo e saber o camiño de volta. A sesión do domingo contará con Interprete en Lingua de signos.

PREZOS

2026-05-24 - 19:00:

  • Reducida: 2,50 €
  • Xeral: 5,00 €
DE INTERESE

VENDA DE ENTRADAS

• A través da páxina web https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

• Na casa da cultura onde terá lugar o evento o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

 

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Unha vez comezado o espectáculo, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

Todo o público deberá contar con entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca.

Non se admiten cambios nin devolucións.