CASA O`REI

Teatro
16-03-2018
Dirixido a público:
Adulto
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura do Milladoiro
Evento cultural finalizado
casa o rei.jpg

Con "Casa O'Rei" Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con "O Furancho" e "Raclette". Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de "O Rei Lear" de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega. 

MANOLO REI, VELLO E ENFERMO, PREPARA UN COCIDO E REÚNE A FAMILIA. A COMIDA SEMPRE É UNHA ESCUSA. DESTA VEZ PARA REPARTIR A CASA ENTRE AS SÚAS TRES FILLAS. PERO O COCIDO SÁELLE CARGADO DE TRAIZÓN E DESPREZO, INTRAGABLE POLO AMARGOR DUN MUNDO NOVO, ACEDO E DESCOÑECIDO, QUE TRAE DO ESTRANXEIRO UNHA MORTE PRECONXELADA E ADOBIADA CON FEL. O TEMPO, O DESTINO E O BURGER KING SON IMPLACABLES COA SORTE DOS MORTAIS QUE NON SABEN SELECCIONAR OS INGREDIENTES AXEITADOS PARA ELABORAR AS RECEITAS DA SÚA VIDA.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura do Milladoiro
Duración: 
90 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 16 de Marzo de 2018 21:00
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
5 €
Información da billeteira: 

2018-03-16 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

Share