CANCELADO! CADAVAL CONTA... VACAS, GUERRAS, PORCOS E CREGOS

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

CADAVAL CONTA A HISTORIA DUN ANTEPASADO, XUÁN O FINO, QUE ERA UN HOME BO COA FAMILIA, PACÍFICO E BO VICIÑO, AMIGO DE FACER FAVORES. UNHA PERSONAXE CARENTE DE INTERESE PARA O PÚBLICO, POR ESTAR EXENTO DE MALDADE. MAIS OBSERVANDO O ENTORNO DO PATRIARCA, APARECEN HISTORIAS EXTRAORDINARIAS PROTAGONIZADAS POR PERSONAXES MENOS VIRTUOSOS. SON COPROTAGONISTAS DA HISTORIA VACAS, CURAS, MENTIREIROS, SEMENTAIS, BARBEIROS , PORCOS,ARTISTAS DE CINE E MILITARES. APARECERÁ O PARTO DUNHA VACA, A HISTORIA DA PROHIBICIÓN DA AGUILLADA, O USO DO XABRÓN COMO SILENCIADOR, O BRUTAL ACTO INSEMINATIVO, UN MILITAR PASANDO FERIAS, AS NENAS VAQUEIRAS, UN CREGO QUE DOMINA A LÜGER E A RETÓRICA, UN BARBEIRO PROFÉTICO, FENÓMENOS EXTRAÑOS NA NOITE DE VODAS, ENTRE TODAS AS PERSONAXES DESTA FÁBULA CORAL, DESTACA O GHACHEIRO, UN PERFORMER FEDELLO, ENREDANTE E PÍCARO, QUE FAI CONFLUIR, PARA ASOMBRO DA VECIÑANZA, UNHA DAS SUAS FARSAS CO DESEMBARQUE DE NORMANDÍA, O SEIS DE XUÑO DE 1944.

PREZOS

2020-04-17 - 21:00:
REDUCIDA: Desde 2,50 € hasta 2,50 €
XERAL: Desde 5,00 € hasta 5,00 €

DE INTERESE

Venda de entradas na billeteira electrónica en concellodeames.gal ata dúas horas antes da función. O 10 % do aforo do auditorio poderá mercarse na Casa da Cultura desde unha hora antes do comezo da función. Entrada reducida para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. Máximo 4 entradas por persoas.

Share