A CABEZA DO DRAGÓN

Teatro
05-05-2017
Dirixido a público:
Adulto
Lugar do espectáculo:
Casa da Cultura de Bertamiráns
Evento cultural finalizado
a cabeza do dragón.jpg

Nesta fabula, Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que él creou: o esperpento.

UN PRÍNCIPE, VERDEMAR, FOXE DO REINO MATERNO POR TER DESOBEDECIDO O REI, SEU PAI. NO SEU CAMIÑAR, CHEO DE EXPERIENCIAS, VAI DAR AO REINO DE MICOMICÓN, QUE ESTÁ A TREMER BAIXO O ALENTO FÉTIDO DO DRAGÓN. COMO É COSTUME, DÉBENLLE ENTREGAR A PRINCESA BRANCAFLOR AO MONSTRUO SE QUEREN SALVAR AS VIDAS E AS FACENDAS DO REINO. MASCARADO PARA OCULTAR A SÚA IDENTIDADE, VERDEMAR MATA O DRAGÓN COA ESPADA MÁXICA E DESAPARECE. UN CAPITÁN DE BANDIDOS, ESPANDIÁN, TOPA A CABEZA DO MONSTRO, E CON ELA VAI RECLAMAR O PREMIO: A MAN DA PRINCESA E A COROA DO REINO. ELA REXEITA O IMPOSTOR, E AQUI É ONDE TRABALLA O DUENDE, QUE LEVA TODA A HISTORIA A CUIDAR DO PRÍNCIPE EN PAGO DUNHA ANTIGA DÉBEDA: A LIBERTADE.

Cando e onde
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
85 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 5 de Maio de 2017 21:00
Prezo das entradas e puntos de venda
Prezos: 
0€
Información da billeteira: 

2017-05-05 - 21:00:
CONVITE: Desde 0,00 € hasta 0,00 €

Share